Algunhas das actividades da programación de LIX Rianxo requiren inscrición previa. Para iso, cómpre que enviedes un email a info@lixrianxo.gal ou ben a través do seguinte formulario de inscrición. As prazas dos obradoiros serán concedidas por rigurosa orde de inscrición e cun máximo de dúas prazas por solicitude.
Actividades con inscrición previa:
******Luns, 13 de maio, 18:30h no AUDITORIO
OBRADOIRO DE ANIMACIÓN EN STOP-MOTION
Acción! Revolución!
O cinema foi sen dúbida unha revolución á hora de contar historias con imaxes. Neste obradoiro , a cargo de Kraken Animación, traballaremos a técnica tradicional do “stop-motion” para crearmos historias, personaxes e xoguetes ópticos do máis animado.
Público: Nenos e nenas de entre 5 e 12 anos
……………………………………………………………………………………………………..
*****Mércores, 15 de maio, 18:30h no AUDITORIO
OBRADOIRO DE ESCRITA
18:30h Escribir para revolucionar
Obradoiro de escrita creativa a cargo da autora Eli Ríos. A revolución da nosa escrita derrubará as fronteiras do que non nos gusta e xogaremos entre as liñas para contar novas realidades.
Para mozos e mozas a partir de 12 anos.
……………………………………………………………………………………………………..
*****Domingo, 18 de maio, 18:30h na BIBLIOTECA
CONTACONTOS MUSICAL PARA BEBÉS
Onde está o vento?
Xiada Sanlés achéganos a historia de Tareixa, unha nena que o que máis lle gusta no mundo é xogar co seu muíño de vento, pero un día, deixa de xirar. As nubes están enfermas pola contaminación, pero aínda estamos a tempo de solucionalo!
Actividade para crianzas de 0 a 4 anos con acompañante.
……………………………………………………………………………………………………..
*****Sábado, 19 de maio, 11:00h
11:00 h 1ª Ruta do Apego de Rianxo
Percorrido natural duns 3 Km polas beiras do río Te co acompañamento do
contacontos Anxo Moure e a súa ciclobiblioteca.
Actividade familiar
(saída da Rotonda de Te)